ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/18

22 segundos

Comentario de Adriana Pampín

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
Este libro gustoume bastante, ao ler o resumo pensei que non me ía enganchar, pero cando comecei a lelo sorprendeume gratamente, ademais de que non é moi extenso, polo que se le bastante rápido.

Esta historia fainos ver o mal que o pasa algunha xente polo simple feito de ser diferente do resto do mundo. Sobre este tema penso que temos que respectar ás persoas transexuais ao igual que ao resto, xa que os tratamentos tanto físicos como psicolóxicos polos que teñen que pasar son moi difíciles, tanto para eles como para a súa familia. Isto é algo que é importante entender. Creo que o libro explica todo moi ben, é moi sencillo e claro, para que o entendamos conm maior facilidade.

Sobre este libro penso que todos o deberiamos ler, para concienciarnos sobre este tema, e ademais é unha historia moi bonita. En conclusión, paréceme unha novela preciosa que ademais fainos pensar sobre un tema que ás veces se deixa de lado, e que non debería.
 

27/02/18

Nubes de evolución

Comentario de Adriana Pampín


Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais



Este libro encantoume, pareceume unha historia preciosa, aínda que a base parece ser a soidade, o fracaso, o frío e a tristeza, resulta en amor, complicidade, amizade, recordos e sobre todo felicidade e soños cumplidos, todo grazas a unha simple frase: “When will those clouds all dissapear?”

A autora mostra como os tres personaxes (unha nai solteira que traballa como limpadora, un adolescente con problemas familiares e amorosos, e un vello profesor de instituto que non asume a morte da súa muller) van establecendo entre eles unha relación, a base de silencios e pequenas conversas, vanse desprendendo de fríos, de tristuras, de odios e de amarguras e asumirán o reto de recobrar as súas vidas. O final pareceume moi bonito aínda que un pouco feliz de máis, polo que non resulta moi creíble. Tamén me gustou moito o xogo das dúas Ánxelas. O meu personaxe favorito é Amanda pola súa gran capacidade de mellora ao longo da novela. O personaxe que menos me gustou foi Luís, pola súa amargura e desdén pola vida, os seus anacos de historia foron os que me resultaron menos entretidos.

En conclusión, pareceume unha historia moi bonita, que non é a típica que estou acostumada a ler e gustoume moito. Recomendaríalla ler a todas as persoas para demostrar que con traballo e ilusión todo será máis fácil de conseguir.

26/02/18

O inferno de Marta

Comentario de Sara Granja Sanmartín


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
Este é un deses libros que todos deberíamos ler polo menos unha vez na vida.
O inferno de Marta conta a relación entre Marta e Héctor desde que se coñecen ata a súa vida diaria vivindo xuntos.
As primeiras páxinas xa deixan moi claro que este libro falará do avance dunha relación de maltrato, pero tamén trata temas como a amizade, a confianza e o medo en xeral.
Por último, o libro tamén conta cunha parte na que, no lugar de contar a historia, fálase directamente ao lector ofrecendo consellos sobre como detectar ou rematar unha relación tóxica.
Nunha época na que a violencia de xénero é algo que se da a diario este é un libro moi importante para concienciar a xoves e adultos.
 

25/02/18

Crónicas marcianas

Comentario de Sara Grnaja Sanmartín


Crónicas marcianas
Ray Bradbury
Xerais




Debo empezar dicindo que a ciencia ficción nunca foi algo que me interesase especialmente. Podería dicirse que este é o primeiro libro deste xénero que leo, e sorprendeume para ben.
Cónicas Marcianas conta a historia da colonización de Marte por parte dos humanos dende o ano 1999 a 2026 contada a base de historias curtas case inconexas entre si, pero que xuntas conseguen contar unha historia que vai máis alá dunha historia de extraterrestres.
Crónicas Marcianas é, sen dúbida, unha gran crítica a moitos aspectos da sociedade, así como ao home en xeral. Temas como o racismo, a cultura e a relixión, entre outros, son tratados nos relatos deste libro dunha forma amena usando a colonización de Marte como escusa para facerte pensar.
Un libro moi recomendado, gústeche ou non a ciencia ficción e, definitivamente, un dos meus favoritos a partir de agora.
 

23/02/18

Todo OK

Comentario de Irene Mariño



Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
Este libro inspírase nunha noticia xerada do apreixamento dun somerxible destinado a introducir cocaína co pano de fondo dunha conexión entre narcotraficantes galegos e colombianos. A protagonista é Inés Landeira, unha muller que se viu involucrada nese delito e que ve ameazado o seu futuro pola  colaboración prestada naquel suceso .Esta muller atesoura un papel crucial na novela pois simboliza os desexos de fuxir de todo ese mundo, o certo é que boa parte do interese da proposta repousa  as características físicas e psicolóxicas dos personaxes en que estes alentan : as humillacións, a  explotación sexual, a prostitución, a chantaxe, o tráfico ilegal da droga e a corrupción do poder policial que dominan outro conxunto de personaxes: o narco Jairo Mendoza e a súa compañeira María; o confidente Maseda…
Gustoume porque o autor Ameixeiras, vai máis alá dunha novela negra: ofrece un retrato da propia condición humana, das fendas que esta amosa e das presións que a vida orixina. Semella optar por transmitir un discurso que evidencia a miseria moral  e a derrota cotiá .
 

22/02/18

Millo verde

Comentario de Irene Mariño


Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais





Unha mañá os periódicos de Vilagrande publican a noticia de que un profesor dun instituto de ensino medio, chamado Xosé Manuel Ortiz Cancela,  foi detido pola suposta violación dunha alumna que era menor de idade. Todo o mundo queda sorprendido ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do profesor. Todos se preguntaban como puido acontecer esta traxedia. O profesor vaise converter nun señor a quen ameazan e insultan. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.
É unha narración sorprendente e cun desenlace moi inesperado. Ten un enfoque realista cun gran toque de intriga. Millo verde engaioloume na esculca da verdade sobre un terrible suceso.
Creo que esta novela constitúe unha denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.
 

17/02/18

22 segundos

Comentario de María Guinarte

22 segundos
Eva Mejuto
Xerais
 
 
A Historia mostra a evolución do protagonista, un neno trans que pasa de ser Ánxela a Álex, o que non soamente supón un cambio de xénero, senón unha busca da liberdade dende a infancia dunha nena que nunca quixo selo.
Coñecemos os pensamentos e preocupacións de Álex, que dende que era pequeno séntese distinto das rapazas que coñece, e que sufre todo tipo de discriminacións por ser muller que son importantes na formación da súa personalidade.
O seu avó, acompañado tanto na infancia como na adolescencia, e forma un personaxe esencial na novela, Álex acode a el para ser quen é realmente, e aparece nas escenas máis simbólicas e importantes.
O nome do libro ven dado pola decisión de Álex de gravar un videoblog para contar a súa experiencia. 22 segundos foi exactamente o que se tardou en subir á rede.
É unha novela bastante corta e sinxela, que se lee nun intre, pero que te atrapa completamente.
O tema da transexualidade tratado nesta obra paréceme moi interesante, xa que aínda en pleno século XXI, a xente sigue xulgando as persoas trans por intentar ser quen realmente son, chegando incluso a asocialos coa prostitución, sen saber como é o día a día dunha persoa afectada polos prexuízos socias.
Gracias a novelas de este tipo que axudan a entendelos e poñernos no seu lugar, quizais, algún día, nos deixemos de xulgar á xente por ser diferente, cando ser distinto ó resto, é unha virtude e non un defecto.