ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/17

Unha verdade amarga

Comentario de Cristina Guerra Vila


Unha verdade amarga
Celia Díaz Núñez
Galaxia





Este libro cóntanos a historia de dúas familias, Os Pereira e os Salgado, que quizais teñan máis en común que simples horas de xogos na infancia.
Aurelio, un home forte, galante e cunha forza notable, encóntrase no último tramo da súa vida, mentres que a súa filla, Pilar, desvívese por coidar ó pai que tanto amou toda a súa vida ao quedar orfa de nai cando apenas era unha meniña. Non está soa, ten o seu lado ó seu marido, ó seu irmán e a Alberte, o neto que todo avó querería. Xuntos loitarán polos dereitos de Aurelio mentres Daniel Pereiro, pai de familia, só intenta saber algo da súa procedencia.
Unha historia de loita, segredos do pasado, identidade, amores, sufrimento, paixón e alegría. Persoalmente, este libro gustoume xa que é sinxelo de ler e conseguiu que aflorase en min intriga cada vez que avanzaba. Aprendín o que a vida dunha soa persoa pode chegar a importar e todo o que deixa atrás cando marcha, tanto persoas que a botarán en falta como mil e unha historias que quedarán no esquecemento, ou tal vez non.
 

Sen comentarios