ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/11/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Adrián Mato


Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais



Este libro gustoume a pesar de que emprega un vocabulario moi complexo, polo cal tiven que reler algunhas das historias. Parecéronme contos moi distintos, algúns tristeiros, outros un pouco máis divertidos, mais tiñan en común un ambiente lúgubre ben dado por estar en Nadal, ou pola situación na que se desenvolvía o conto, ademais, todas as historias están relacionadas dun xeito ou outro coa emigración.

O namorado de María:

Foi a historia que máis me enganchou ao comezo, pero, na que peor entendín o desenlace, non foi ata lelo tres veces cando me dei conta do que en realidade ocorrera.

        Okay:

A pesar de estaren os sucesos un pouco enleados neste conto, foi un dos que mellor entendín e sen dúbida é a historia máis cómica do libro, en parte pola repetición da palabra okay e, en parte, porque o protagonista excúlpase de todos os feitos e admite a culpa pero bótalla ao outro .

         Madonna:

Foi o conto que máis me gustou, pola verdade das palabras da rapaza.  Encantoume a historia de Dosinda e Mora. Ademais aprendín con este conto, porque, non sabía que se tiña que separar o becerro da nai nada máis nacer xa se non esta non dá leite.

         O amor das sombras:

Creo que esta é a historia da bondade e o amor de Nadal. O amor por parte do vello e Lorena, un amor que non puido ser por culpa da emigración e a bondade por parte da muller que o secou a el e o seu can  dándolle despois unha chaqueta.

       O carteiro de Papá Noel:

Esta foi a historia que menos me gustou, paréceme un conto aburrido no cal entendín todo pero non me gustou. Aínda que si que me agradou a coincidencia entre o que lle dixo a rapaza e o que estaba escrito na carta que lle entregaron.

       O partido de Reis:

A verdade é que este conto chegoume ao corazón, foi das historias máis tristes ao comezo e máis alegres ao final. Paréceme triste, que moitas persoas non se dean conta das facultades coas que contan moitas persoas que teñen o chamado síndrome de Down. E porén el tiña plena confianza neles, ata o punto de que non cruzou a raia, ata que lle dixeron que a pasara.

       A barra de pan:

Esta historia foi un claro reflexo da pobreza que se vivía na época do protagonista, unha pobreza que vivían unha familia numerosa e na que todos tiñan que aportar o que podían. Mais hai pequenas formas de amor como a da nai que non lle dixo nada ao fillo cando comeu o único alimento que lle quedaba. 

         A chegada de Ingrid:

Foi a historia na que máis se notou o factor da emigración e como por mor desta se rompen familias e amizades, ademais é triste que unha rapaza só poida ver o seu pai unha vez o ano.

1 comentario:

Andrea Garcia Méndez dixo...

Relata contos relacionados coa inmigración e emigración, a evasión ao pasado e o amor apaixoado, e a reinsección na sociedade de persoas con enfermidades como Down, etc. A linguaxe é un pouco complicada e moitos contos non se entenden ben ou son contraditorios. Para min este libro non foi moi interesante nin entretenido.