“Madonna e outros contos de inverno” componse de oito
historias que transcorren no inverno, concretamente no Nadal, e narradas dunha forma poética, cunha gran
cantidade de metáforas. Abondan os temas do amor, a emigración, e a tristura.
A primeira conto, “O namorado de María”, narra como o seu
protagonista, Martín, marcha a América a traballar e cando volve, volve ver a
Chefa, a muller da que sempre estivo namorado aínda que ela casara. Martín vai
participar nunca representación teatral, dirixida por Chefa, pero por uns
acontecementos, non puido rematar.
No segundo, “Okay”, un mariñeiro do barco Begonia conta o
que viviu el antes do afundimento do barco. O protagonista móstrase indignado
ante o patrón, que non o deixaba en paz, e por como se lle bota a culpa ao
feito de prender lume a uns papeis, aos que lles dera forma de Belén, e que isto
fora o comezo do afundimento.
O terceiro, “Madonna”, trata dun rapaz que vive no campo,
nunha aldea. Este conta a forma de ver as vacas das persoas e como ve os
números negativos nos demais, é dicir, compara os números negativos coas
débedas ou a falta de animais para ter un bo negocio.
“O amor das sombras” conta a historia dun home que volve á súa aldea, e encóntrase coa muller que ama. El vai co seu can e unha guitarra
ata a casa de Lorena, onde unha veciña déixaos pasar polo mal tempo. Por unhas
circunstancias, vaise a luz en toda a cidade e o protagonista consegue volver
ver a súa amada.
“O carteiro de Papá Noel” trata dun home que intenta
escapar do capo chamado Cempés, traballando coma carteiro de Papá Noel. Pero
mentres está a traballar, entréganlle unha carta do capo no que lle pide o que
debe. O protagonista escapa pero non se saberá ata o final se o consegue ou
non.
No “Partido de Reis” cóntase a historia dun partido de
fútbol que, o equipo do narrador, conseguiu gañar grazas a un rapaz do que
ninguén esperaba nada pola súa enfermidade.
“A chegada de Ingrid” trata da volta a casa dun pai,
dende o punto de vista da súa filla, e Ingrid é a boneca que lle regala e a que
lle dá nome ao conto.
Pareceume un libro entretido pero complicado de ler pola
cantidade de metáforas e comparacións que fai o autor.