ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/03/15

Cartas de amor


Comentario de David González Sampayo



Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais




"Cartas de amor" é un libro de Fran Alonso, que é moi interesante e sorprendente. Neste libro resáltanse e reivindíncanse distintos valores e trátanse temas,como, a inmigración, a época franquista, a integración social, a violencia ou a prostitución. Estes temas son tratados nas distintas cartas en que se divide esta historia. Como dixen anteriormente, esta é unha historia bastante sorprendente porque cando lemos o seu título, na nosa cabeza créase unha idea sobre cal vai ser o tema principal da historia pero cambia comezamos a ler, esa idea esvaécese. Outra cousa pola que me gustou esta historia foi polo detallada descrición que se dá da ambientación e dos personaxes.

Eu recomendaríalle este libro á xente da miña idade porque é unha historia curta e fácil de ler, cun léxico sinxelo. Outro motivo polo que recomendaría este libro é polo gran realismo que este posúe, debido a que cando estás lendo, ás veces pónseche a pel de galiña porque un é consciente de que o que está lendo, o atopa ao saír pola porta da casa. O último aspecto polo que recomendaría esta libro é polo pouco pesada que se fai a súa lectura, xa que o seu autor conssegue que queiras seguir lendo ata o remate da historia.

A carta que máis me gustou de todo o libro foi "Ilegal", a primeira carta do libro, xa que nela se expresaos esforzos e os sacrificios que fai unha muller inmigrante por darlle unha boa e grata vida ao fillo que ten no seu ventre e está a piques de nacer. Entre estes esforzos e sacrificios atópanse arriscar a vida e superar os límites da legalidade, para loitar pola súa propia dignidade.

Case todas as cartas, por non decir todas, teñen un detalle que me gustou. Ese detalle é o final cerrado que teñen todas, porque a min gústanme os finais nos que se especifica, cal é o remate duns feitos; esto anterior xa o veño dicindo en comentarios pasados.
 

Sen comentarios