ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/12/14

A punta de pistola

Comentario de David González Sampayo


A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais






"A punta de pistola"  foi unha das historias máis interesantes que lin. Esta narración entretívome, entre outras cousas, porque os feitos que transcorren nela son do meu estilo, persecucións policíacas, intriga, moita acción, o secuestro dos pais aos seus fillos no Centro de Acollida, etc. É a primeira vez que leo a Fran Alonso, e seguireino a ler.

Ao principio, nos primeiros capítulos, non entendía que un capítulo falase da historia do Varas da súa muller, Rica, e do secuestro dos seus fillos e que o outro capítulo falase da camioneira licenciada en Económicas, que tiña como exemplo a Celia Rivas, pero, ao ir avanzando na historia os feitos íanme cadrando ata descubrir que eran dúas historias moi relacionadas cun mesmo final. Dúas historias nunha. Esta foi a primeira vez que lin unha historia que combinase dúas narracións paralelas.

O personaxe que máis me gustou e co que máis me identifiquei, foi coa camioneira que tiña como exemplo a Celia Rivas. Este personaxe encantoume pola seu espírito de ambición e loita, ademais, ela nunca se conformaba co xusto, sempre ía máis alá, superándose día tras día porque para ela nada era imposible, e eu igual ca ela sempre me intento superar tanto no ámbito escolar coma no deportivo.

Os feitos que se desenvolven na historia están bastante relacionados cos tempos de agora, xa que ben sexa pola crise ou ben polo desatendemento dos pais, hai moitos rapaces e rapazas que viven e se alimentan en condicións nefastas, aparte do desatendemento das da hixiene  corporal.

Ao final, para o meu gusto, fáltalle chispa. A min gústanme os finais cerrados onde se especifican de forma precisa como rematan os feitos dos personaxes pero neste caso o autor non concreta os feitos que lle ocorrerán no futuro e iso déixame unha sensación de intriga agridoce. 

Sen comentarios