O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco
Fernando M. Cimadevila
Urco
Este libro ten o encanto suficiente para enganchar a calquera lector, pero
comigo non o conseguiu.
Fantasía mesturada con lendas antigas, personaxes variados e pintorescos,
bastóns máxicos e lugares incribles.
Tendo ingredientes tan xugosos non comprendo como puido xurdir un libro tan
aburrido que deixa numerosos asuntos (que eu considero importantes) sen
revelar.
O final resulta algo desconcertante, e o obxectivo da historia maniféestase
algo tarde, tendo ao lector vagando entre as páxinas.
A maior chispa desta obra tal vez sexa a gran importancia dos
felinos, pasando polas lendas do exótico Exipto, entrando en Avalon e nos seus
segredos e sen dúbida os personaxes, quizais algo desaproveitados.
Non sabemos o que senten, o que pensan, só os vemos deambular como
espectros cara un obxectivo: impedir a destrución (que orixinal!)
Rivka, a muller gato, é posiblemente a única que se salve. Cunha historia
apaixoante, aínda que con certas lagoas que te descolocan.
E no outro extremo está Peter, o insulso protagonista preadolescente.
Esperaba máis pola portada e os debuxos e frases que están no inicio de
cada capítulo, que disfrazan un pouco o libro.
Califícoo como "fantasía frouxa".
3 comentarios:
A verdade é que non me gustou moito por tratar do que trata, paréceme un pouco infantil co tema dos soños dos nenos, o dos gatos... Admito que é orixinal no momento das lendas que contan como o da Biblioteca de Alexandría.
O que non me gustou moito tamén foi as descricións que realiza, parécenme demasiadas e non deixa moita marxe para imaxinarse os personaxes (por exemplo).
Non podo estar máis en desacardo, o libro encantoume e me pareceu superorixinal, a min e a moitísimos amigos meus que somos seguidores da serie. Pois trátase dunha serie, por iso non se fala de moitas cousas nin trata a fondo algúns personaxes que aperecen máis tarde noutros libros. O segundo na miña opinión e mellor, máis adulto se é o que vos fastidou deste, que tampouco me pareceu infantil, pois no fondo trata de temás tan importantes como a familia e o tránsito da madurez.
Prezado ou prezada anónima: a min tamén me gustou cando o lin e por iso llelo propuxen ao alumnado como libro de lectura. Pero a maxia da Literatura tamén está aí: nas encontradas opinións que suscita a lectura.
Grazas pola visita
Publicar un comentario