ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Álvaro Villar Ferreiro


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais



Este libro, ao igual que o anterior que lin de Carlos Negro, gustoume moito. Unha das cousas que me agradou tanto en Penúltimas Tendencias como en Makinaria foi a súa sinxeleza á hora de ler, ademais da mensaxe que transmiten.
No caso de Penúltimas Tendencias podemos observar unha crítica da sociedade na que vivimos. Unha sociedade capitalista, idealizada, na que as mulleres son as peores paradas; xa que dende o inicio a sociedade véndelle un conto de princesas que nada ten que ver coa realidade. A moza do libro é un claro exemplo dunha muller que non quere un mundo de princesas. Ela mostra o seu carácter e os seus pensamentos sen importarlle o que os demais opinen dela. Loita por defender os seus ideais e non se deixa asoballar polo que a sociedade lle quere inculcar. 
A min persoalmente o poema que máis me gustou foi Fora de Onda, xa que é un claro exemplo de que ela ten a súa propia personalidade para facer o que lle gusta e non deixarse guiar polo que a maioría denomina como “guai”.      

1 comentario:

Noelia Sampayo Iglesias dixo...

Carlos Negro escribiu un libro moi entretido, sobre todo para os adolescentes; contén versos que por exemplo, nós, as (no meu caso) adolescentes lle encontramos un sentido completo, sabemos de que fala, como nos identificamos. Dende o meu punto de vista, eu recomendo este libro porque a verdade que me gustou moito e recomendariallo a todas esas adolescentes que non só ven que a realidade é un conto de princesas, senon que a realidade é a realidade