ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Mariña Castro Fontao


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Poesía rabiosa e descarada, denunciando as ataduras das modas femininas, dos estándares de beleza e comportamento. Obra curta, entretida e con moita razón. Como non vai gustar un libro así?
Está cheo de sentimento, dun rexeitamento que comparto.
Rapazas comúns que non son escravas dos espellos e con "sentidiño" son levadas ao máis alto, e sen querer estar de moda, teñen moito estilo.
Fóra divinas, ola rapazas reais. 
Non só trata sobre a crítica de como se supón que ten que ser o aspecto dunha muller "fashion", tamén se adentra nas relacións sentimentais.
Nada de princesas presas, nada de conformismos e nada de superficialidade, pois tamén nos mostra que as mulleres (e os homes) sen cerebro non valen para gran cousa.
Esta obra afonda na personalidade, roza a alma e intenta adentrarse nos pensamentos de sobre todo, as adolescentes. 
Porque son persoas, que senten, que viven. Non deben ser borregas dos estereotipos, son fermosas pola súa pulpa , non porque as revistas ou o resto da xente o opinen, ao fin e ao cabo non deixa de ser unha opinión. 
Quen ten a verdade absoluta? Quen sabe a senda para acercarse á perfección? Ninguén.
Polo tanto hai que inventar a maneira de acomplexar á prole. De facela consumir, gastar. De afundir a súa autoestima e recordarlle continuamente que nunca terá pel de photoshop nin corpo de barbie bulímica. Nin falta que fai.
Recoméndocho se tes un cachiño pa ler. 

9 comentarios:

Carlos Negro dixo...

Ola, Mariña:

Moito agradezo a túa lectura do libro! Intelixencia e corazón van da man!

Grazas por leres cos ollos tan abertos!

Dept.Biblioteca dixo...

Comparto a túa recensión cos meus alumnos e alumnas de 4º de ESO. Parabéns Mariña desde o IES de Poio.
Anxos.

Anónimo dixo...

Ola Mariña, as túas palabras están cheas de verdade, creo que os rapaz@s dagora están marcados polos pensamentos da súa propia sociedade non da sociedade en si senón do seu propio grupo, de clase ou etc,...
Carmen Ansín

Anónimo dixo...

Ola Mariña :
Estou moi de acordo co que pos no teu comentario, penso que tes moi clara a idea do libro é gústame moito como o reflexionas.

Gabriela IES Poio

Anónimo dixo...

Ola Mariña ,acabo de ler o teu comentario e persoalmente comparto a túa opinión .Moi sinceras as túas palabras ,parabéns.
Desi , IES de Poio

Anónimo dixo...

Ola Mariña,estou de acordo co teu comentario, os rapaces de hoxe en día non só deben fixarse no físico, senón na personalidade de cada un.
Gustoume moito este libro porque reflexa algo actual do pensamento da sociedade.

Sabela Simón.

Anónimo dixo...

Ola Mariña, eu que lin este libro gustoume, e penso que é ben certo todo o que dis. Estou totalmente de acordo coa túa opinión.

Carmen Castro.

Anónimo dixo...

Ola Mariña, gustoume bastante o teu comentario, xa que comparto a idea de que os rapac@s adolescentes non deben estar tan acomplexados polas modas de hoxe en día.
Jose Antonio Randulfe

Anónimo dixo...

Ola Mariña,estou de acordo co teu comentario porque como dis non todo o mundo ten que vestir igual xa que senón non habería estilos e personalidades diferentes




Laura Bouzón