ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/14

Proxecto Bolboreta

Comentario de Diego Cangas


Proxecto Bolboreta
Andrea Maceiras
Xerais




Quedei abraiado con este libro, en parte polo tema do que trata, a ciencia, algo que a min me gusta. Nesta historia, a autora de verdade se achega a ti, máis ben non parece que esteas a ler un libro, parece que alguén che está contando as súas andadas para comprobar o conxunto de teorías chamadas o Efecto Bolboreta ao carón dunha árbore, nunha tarde de sol. É o primeiro libro que leo de Andrea Maceiras, pero ben seguro non será o ultimo. 
Recomendo ler esta obra na que Hadrián se vai atopando con moitas e distintas situacións no relato, nas que ao lector lle chega o estado de ánimo do personaxe.

Sen comentarios