ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/03/14

A sombra cazadora



Comentario de David Cabaleiro


A sombra cazadora        

Suso de Toro
Xerais

Clara e o seu irmán pequeno, do cal non se sabe o nome case ata o final, viven illados do mundo exterior por orde do seu pai, que unicamente intenta protexelos. O día que Clara cumpre os 18, o seu pai suicídase, pero non sen antes rebelarlles o obxecto de tanto segredo. Resulta que creara unha imaxe súa para que o relevase para sempre no seu traballo de presentador, pero esta tomara conciencia propia e agora tiña o control de todas as televisións do mundo.
Pese a tanta protección, a Imaxe logra descubrir a existencia dos dous rapaces, e agora teñen que fuxir precipitadamente en busca do seu padriño.

Como gran amante da fantasía que son, esta obra gustoume moito. A pesar da súa brevidade, logrou ser o meu centro de atención de principio a fin. Ademais, o feito de que a historia estea ambientada nun futuro moderno, cheo de novos inventos e  ilusións, avivou a chama da miña curiosidade. Pero hai tres puntos que non remataron de convencerme: o primeiro é a precipitada morte dos pais, o segundo é que todas as personaxes principais teñan algún tipo de defecto, e o terceiro e último é o final, quizais tamén demasiado apresurado.

Teño que confesar que esta narración me soou moito a película, polo que quero recomendarlle o libro a todos os namorados do mundo do cine, pero que teñan ganas de abandonar por un momento a pantalla e trasladarse a un mundo moito mellor: o da imaxinación.

Sen comentarios