ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/02/14

Todo ben





Comentario de Mariña Castro Fontao


Todo ben
Manuel Rivas
Xerais



Este libro polo curtiño que é pareceume sorprendente que resulte tan complicado de ler.
A maneira na que está escrito, tan enrevesada, poética e metafórica, fixo que me perda nas palabras e non poña atención á historia.
Mesturando iso cos discursos sobre o fútbol, cos personaxes sen vida e co difuso tratamento dos sucesos, acabou convertendo o pracer que debería ser ler case nun calvario.
Demasiadas descricións de paisaxes e de lugares.
Demasiados nomes de personaxes acompañados con flasbacks que provocan que te afundas máis na inopia.
Demasiados adornos para unha trama tan pobre.
Pasaba as páxinas sen saber o que poñía nas anteriores, pasábaas contando os numeriños que quedaban para a final, a 126. 
Tal vez se fose máis directo, resultaría máis ameno e fácil de ler.
Tal vez se cesaran as metáforas e empezara a acción podería facerlle unha critica máis agradable.

Sen comentarios