Comentario de Lucía García Rodríguez
As voces baixas
Manuel Rivas
Xerais
"As voces baixas é un libro precioso" foi a frase que me fixo
coller este libro e comezar a ler.
Non sei se foi a maneira na que está relatado coas palabras que descoñecía
ou os cambios de tempo como estar contando unha historia da infancia e pasar a
outra doutro ano, pero non me quedei con moitas cousas. Unha das cousas que
máis me gustou foron as fotos que ían aparecendo ao longo das páxinas.
O libro conta un pouco a vida do autor, Manuel Rivas. As anécdotas do
ambiente rural no que medrou. Lendo o libro pódese apreciar a diferente
infancia. Algúns dos nenos de hoxe medran con maquiniñas ao seu redor e todo
tipo de cousas, e non por iso son máis felices. Perden esa época de xogar e
brincar, e unha das miñas cousas preferidas: inventar os propios xogos. Isto
refléxase moi ben no libro. Pareceume que estaba moi unido á súa irmá María.
Estes capítulos son os que máis me gustaron.
Tamén fala algo da vida adulta, pero esa parte non me gustou moito.
É curioso ler a biografía de alguén novo, pois aínda lle quedan moitas
cousas por vivir.
Este é o segundo libro de Manuel Rivas que leo, pero tampouco me enganchou.
Para comprendelo mellor tería que volver lelo.