ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/01/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Mariña Castro Fontao


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais




O título deste libro fíxome crer nun principio que se trataba dunha obra de temática amorosa, por iso fun aprazando a súa lectura uns días.
Pero no seu interior son todo sorpresas, e decateime que de amoríos o xusto...
O inicio da historia non me convencía demasiado, pero a chegada de Rosiña e as leas que ten coa súa familia por culpa da vella Rosa "agárrante das nádegas" e non te deixan abandonar a hilarante lectura ata que chegues ao punto final.
Como esta xente sen escrúpulos, capaz de asasinar a súa propia familia, crueis, (e por que non, algo pervertidos) pode resultar tan adorable?
Cada personaxe ten o seu encanto especial, cada momento da historia faite rir con este humor atípico.
 O único que lamento é que facendo tan bo equipo, Pololo e Adela non puideran ter nada xuntos. 
Gustaríame ver esta obra de teatro enriba das táboas.
 

Sen comentarios