ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/01/14

O cero escuro



Comentario de David Cabaleiro


O cero escuro        
 
An Alfaya

Nadia, unha rapaza de dezaseis anos, tímida e con problemas familiares, síntese coma un “cero escuro”. Pero as vivencias dun intenso fin de semana fan que experimente unha incrible metamorfose. 
Este é un deses libros que se len dunha tacada. Trata temas moi realistas e completamente presentes na actualidade, cousa que fai que te enganches aínda máis. An Alfaya ten moita sensibilidade e unha incrible habilidade para construír historias meténdose na pel dos personaxes con moita sinceridade e humanidade.
En canto á miña opinión sobre a historia, pareceume moi tenra a amizade entre Nadia e Aurora quen, a pesar do que dicían os demais, quería á súa amiga por riba de todo. Por iso, cando desaparece, Nadia proponse atopala arriscando incluso a súa propia vida. Asimesmo, este suceso permite que se vaia achegando pouco a pouco a Manel, por quen está secretamente (poida que tampouco tanto) namorada. Ao final, Aurora é rescatada, xunto moitas outras rapazas enganadas polos seus secuestradores, dous traficantes de órganos.
Por outra banda, pareceume moi inapropiada a actitude dalgúns personaxes como Lola pois, soamente por ser diferente, non era xusto tratar así á protagonista.

Xa para rematar, gustaríame recomendarlle este libro a todas esas persoas que se sintan raras, estrañas, inquedas consigo mesmas, porque léndoo irán comprendendo que non o son, que todos temos os nosos defectos e as nosas virtudes, pero sobre todo, algo que aportar.

Sen comentarios