ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/13

Poetízate

Comentario de Isidro Gil Pallares



Poetízate
Fran Alonso
Xerais





A min xeralmente nunca me tirou a poesía, a non seren algunhas excepción. Neste libro atopei excepcións destas, inda que parte dos poemas non me agradaron. Decateime de que esas excepcións son poemas sinxelos non moito mais alá de tres ou catro versos, que sexan concisos pero a súa vez que non faga falta dicir máis deles, xa que eles por si sós levan implícito todo o que queren expresar.
E deste tipo de poemas que a min me gustan quédome cos de David Rodríguez “Escribir felicidade” “E se o amor fose excesivo”.

Malia as miñas preferencias, tamén se abriron oco no meu agrado outro tipo de poemas como “Subiote” de Xosé Neira Vilas, “Terra Chá” de Manuel María, os de Celso Emilio Ferreiro e algún máis.

Achegoume algo máis á poesía e poida que lea algún poemas máis de vez en cando. Despois de todo, como Fran Alonso di “Non morde”. E certamente hai gran cantidade de variedade para todos os gustos.
Próbao, estou seguro que atoparás algún que che guste!

Sen comentarios