ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/10/13

Todos somos

Comentario de Mariña Castro Fontao


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais





A historia xira en torno dunha rapaza, Natalia, popular e bonita, que vive nunha urbanización acomodada, e de como afecta a súa misteriosa desaparición ás persoas da súa contorna.
A desesperación dos pais, a tristeza dun amigo de verdade, a indignación dos veciños, a loita dunha inspectora por atopala e o beneficio que a noticia lles provocará aos medios de comunicación.
Considero que o autor nos transmite moi ben os sentimentos dos personaxes, amosando recordos e pequenos detalles que fan que a un "lle chegue" a historia e que sinta unha profunda empatía cos personaxes.
Trátase, na miña opinión, dun relato dramático, xa que nos mostra unha realidade que non ten nada que ver coa ficción. Para ser un libro curto, cóntanos moito. Recomendaríallo a calquera persoa de calquera idade, porque nos reflicte a vida mesma, a crueza e o desamparo da perda inxusta de alguén querido, dunha infancia interrompida. Non sabería dar unha crítica mala deste libro, porque non trata temas banais nin ten só unha finalidade de entretemento, senón tamén de ensinanza.

Sen comentarios