ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/05/13

O país adormentado


Comentario de Alberto García Fernández 



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais 




Este é un libro moi interesante, que me gustou moito a pesar de que ao comezo non o entendía moi ben.
A loita de Aurora, Val e todos os seus amigos por espertar aos habitantes de Glearim e recuperar a súa vida normal é a parte onde comeza a interesarme o libro. Dende ese punto éntrame a intriga de se seguirán vencendo, e que pasará ao xuntar todos os "Sebulachar", anque ao final non me gusta como resolve o tema dos libros.
O do dragón non me gustou nada, e cando ao vello lle cortan a cabeza e segue vivo tamen é pouco crible.   
  En xeral gustoume e recoméndollo a calquera, é fácil de ler e moi entretido.
 

Sen comentarios