ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/05/13

O país adormentado

Comentario de Patricia Lázara Framiñán



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais 




Este libro gustoume aínda que ao principio resultaba algo aburrido. O que máis me gustou foi a forma na que Xabier P. DoCampo describe a valentía de Aurora e dos pobos. Tamén me gustou a "historia de amor" entre Aurora e Val, aínda que non a conte. Pareceume moi boa idea xuntar a realidade e a fantasía para contar esta historia. Algo que non me esperaba era a axuda da xente que estaba esperta nos pobos, coma por exemplo Pansel,  que confiaron en Aurora sen saber se era certa toda a historia que contaba. Gustaríame ler outro libro coma este.  

Sen comentarios