ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/05/13

O país adormentado

Comentario de Martina Domínguez



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais 




Se tivese que definir este libro cunha palabra, sería: diferente, diferente aos libros que estou acustamada e me gusta ler.
A verdade, non entendín moi ben o que quería dicir o autor. A medida que fun lendo, si, comprendía a historia pero supoño que detrás desta había unha metáfora que eu non chego a atopar. A pesar disto entretívenme léndoo.
Ao principio custábame seguir o libro e non me enganchou nada e o final pareceume bo aínda que coidaba que ía ser distinto. Deume pena toda a xente que morreu loitando nas batallas, especialmente Neve. E gustoume moito como actuou Aurora, con valentía e a personaxe de Val.
En resume, "O país adormentado" paréceme un pouco aburrido pero gústame a idea pola que loita a xente nel e como defenden o seu pobo.

Sen comentarios