Comentario de Yolanda López
Pel de lobo
Xosé Miranda
Xerais
Este libro fala dun mozo e de seu pai, que era cazador
de lobos. Chegan a unha cidade onde lles piden que os axuden a
cazar uns lobos pero en especial a unhas lobas moi grandes e moi astutas. Ao
final descobren que esas lobas eran fillas do alcalde da cidade que as
convertera en lobas porque eran rebeldes e en lúa chea podíanse transformar, a
forma de acabar co embruxo era queimando a pel nese intercambio, antes diso
dispáranlle a unha das lobas, e pensaban que morrera cando a partir diso
descubriron a realidade a loba branca casou co rapaz e a loba negra
desapareceu sen que ninguén volvera saber dela.
O libro está moi ben, é entretido. Eu non era de ler
este tipo de libros pero a verdade é que lle dei a oportunidade a un e xa é o
terceiro que leo.