ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/03/13

Poetízate

Comentario de Antía Iglesias


Poetízate
Fran Alonso
Xerais





Poetízate, como ben di o título, é un libro adicado á poesía no que se recollen numerosas obras de diferentes autores.

Claramente non me resultou difícil de lelo, ás veces o que me complica é poder saber e comprender de que forma se representan os sentimentos de alguén. Supoño que isto tamén repercute en que a maioría destes anos acostumeime aos libros da narrativa.

Sen dúbida os poemas que máis me gustaron foron os referidos a temática do amor. Un deles é a "Metáfora da metáfora" de María Xosé Quizán polo modo en que xoga coas palabras e como chega a este final.

“O que amo é o amor
a mesma idea do amor
o feito mesmo de amar
as palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.”

De modo que tamén hai moitos cos que non me sinto moi identificada, pero que igualmente
ao lelos gustan, e ao rematar de ler o libro, pensas, serei eu tamén capaz de poder escribir
poesía?
 

Sen comentarios