ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/03/13

Poetízate

Comentario de María Rey


Poetízate
Fran Alonso
Xerais





O libro pareceume moi sinxelo e entretido de ler. Certamente, como é lóxico, houbo poemas que pasaron sen pena nin gloria ante os meus ollos, pero houbo otros que me gustaron moito como son:
  •  ‘Moraima’,  xa que me expresa un amor verdadeiro, e creo que como a calquera, a min gústame enganarme crendo iso do amor verdadeiro e eterno, ese polo cal olvides o sufrimento.
  • MARÍA XOSÉ QUEIZÁN:
O que amo é o amor
A mesma idea do amor
O feito mesmo de amar
As palabras coas que amo.
Amo a miña conciencia de amar.
Ámome.

Este poema tamén me gustou verdadeiramente moito, xa que representa moi ben un pensamento que sempre estivo presente en min, xa que creo que a maioría das veces non existe o amor, só as ganas de amar e os enganos que iso conleva; e tamén que non podes chegar a querer a ninguén se non comezas por quererte e ti mesmo.

  • LUPE GOMEZ
Ninguén
Me prohibirá nunca
Estar soa


Creo que o único que estás nas miñas mans decidir é a soidade, algo que ninguén me pode arrebatar e, para min, unha das cousas máis valiosas que temos.



  • BERTA DÁVILA
As bonecas finximos
Sempre
Os sorrisos que mais nos favorecen


Nunca entendín nin creo que chegue a entender por que a xente se dedica a xulgar a esas persoas que seguen co sorriso nos beizos pase o que pase,  aquelas que se enfrontan a vida ensinando os dentes, sempre son persoas que ou non senten, ou teñen algún outro mal apelativo. Para min ese poema representa a perfección dunha forma moi sarcástica de que o valente é saber sufrir e afrontar a vida cun sorriso, botarlle un pulso facéndolle saber que coñeces o difícil que pode chegar a ser, pero que non te rendes. Xa que non se pode cambiala, mellor vela polo lado bo.


En conclusión só direi que me gustou o libro, creo que da poesía sempre podes aprender moito e sempre poderás levala ao teu terreo e facela túa. Algo que a min persoalmente me gusta moito, facer meus os pensamentos alleos e pararme a pensar naquilo que nunca se me ocorrera. 




Sen comentarios