ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/03/13

Poetízate

Comentario de Andrea Meijomín


Poetízate
Fran Alonso
Xerais





A simple vista o libro parece pesado, pero non o é en absoluto, lese fácil e vale a pena lelo. A min persoalmente gústame máis a narrativa que a poesía, pero nun libro con tantos poemas é díficil non encontrar un que che chegue, que che faga pensar ou co que te sintas identificado dalgunha forma.
Algúns dos que máis me gustaron foron os de Ana Romaní, "Agora" de Xoán Abelleira, "Cando ela dorme" de Vicente Araguas e "Os domingos, maiormente" de Kiko Neves, entre outros.
O libro fai un percorrido polos poetas máis clásicos aos máis novos, recoméndoo a quen queira empezar a adentrarse no mundo da poesía.
 

Sen comentarios