ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/13

Poetízate

Comentario de Lara Fondevila


Poetízate
Fran Alonso
Xerais







Esta antoloxía recolle moitos poemas dos que me gustaron: "Xan" de Rosalía de Castro; "Cando Eduardo Pondal" de Eduardo Pondal; "Ecelsior" de Manuel Antonio; "Nunha cena de amigos" de Aquilino Iglesia Alvariño; "Deitado frente ao mar" e "Xaneiro 1972, II" de Celso Emilio Ferreiro; "Bando" de Manuel María; "O que amo é o amor" de María Xose Queizán; "As copias do rexistro" de Marilar Aleixandre; "Ame o pobo o bo poemA" de Gonzalo Navaza; "Tódolos bebés son tu e ningún coma ti" de Xela Arias; "Autopoética" de Ronseltz (cuxo poema me encanta pero non comprendo o final); "Quérote como aquel home" e "Quérote como o gato que durmía" de Raúl Gómez Pato; "Sombras" de Xosé María Álvarez Caccamo.

Non me gustaron porque non tiñan sentido ou por moi longos: "Xogo ruín" de Luís Pimentel; "Saudade" de Eduardo Blanco Amor; "Reclamo a liberdade pró meu pobo" de Xosé Luís Méndez Ferrín; "Rúa do Canceleiro" de Ramiro Fonte.

"Domingo, 18" de Kiko Neves gustoume o principio pero non o final, outros salientan por divertidos: "O preguntón" de Celso Emilio Ferreiro e "Unha moto que vira para a esquerda" de Xavier Santiago.

Hai un poema que só me gusta o principio e o final, o medio non, "Follow me" de Antón Reixa.

Logo hai un poema que me emocionou e me encantou "Envellecer" de Ana María Fernández.

Gústame ler poesía porque se le moi rápido e eu non son moi rápida lendo, porque me gusta e porque paga a pena lela se dentro hai algún poema como o de Ana María Fernández "Envellecer" que te emocione e te faga pensar en que é verdade e que por iso queres tanto aos teus avós.

1 comentario:

David Caamaño dixo...

É un libro de poesía para todos os gustos xa que trata de moitos temas. son lecturas fáciles polo que todos o poden ler, moi recomendable