ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/03/13

Poetízate

Comentario de Ana Sofía Neto


Poetízate
Fran Alonso
Xerais







Este libro dalgun xeito sorprendeume, xa que case non leo poesia, e cando me dixeron que poetizate era un libro de poesia crin que o libro non me ia gustar para nada, mais como dixen antes sorprendeume, a verdade gustoume moito.  As poesias están moi ben, aínda que me gustan unhas máis ca outras, unhas das que me gustan son por exemplo: "Ninguén" de Lupe Gomez, "A Veces Digo Amor" de Pilar Pallares, "O que amo é o amor" de María Xosé Queizán, "Onde o mundo se chama Celanova" de Celso Emilio Ferreiro,  "Longa noite de pedr" de Celso Emilio Ferreiro, "No desterro" de Ramón Cabanillas, e "Se o amor fose excesivo" de David Rodríguez.
Tratan sobre temas de amor, natureza, sobre Galicia, sobre a terra, sobre a saudade...
É un libro que volvería a lelo unha e outra vez. 

Sen comentarios