ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Patricia Fernández Pájaro


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais






A verdade é que este non é un libro que me gustara moito, pois non é do meu estilo preferido. Ao comezo non relacionaba para nada unha historia coa outra, por iso me resultou un pouco complexo. Pola contra, a linguaxe é moi sinxela e doada de entender.
O relato que máis me gustou foi "Malulú". Realmente foi capaz de reterme na historia, e sacar de min algún que outro sentimento. 
Ao final, rematei por relacionar todas as historias, cando Gonzalo relaciona as persoas que ve no aeroporto cos personaxes dos demais relatos.  
Recomendaríalle este libro a calquera apaixoado pola lectura sen dúbida ningunha.

Sen comentarios