ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/02/13

Poetízate

Comentario de Andrés Seoane Pena


Poetízate
Fran Alonso
Xerais






Cando comezei a ler o libro pareceume un 'tochazo' e que había demasiada poesía xunta, pero intenteino como nos di Fran Alonso ao principio do libro.
Houbo algunha poesía que tiven que ler máis dunha vez para entendela pero en xeral entendín todas sen ningún problema.
Gustáronme máis os primeiros autores do libro (que son os que antes naceron) porque a súa poesía é mais sinxela e trata temas que me gustan máis.
O libro acabeino rápido porque unha vez que les unhas cantas páxinas gustanche máis e non son tan pesadas como parece.
Ten toda a a razón Fran Alonso, a poesía non morde, e paga a pena ler aínda que sexa unhas cantas obras de cada autor e autora, neste caso os  grandes da poesía galega.

Sen comentarios